Unha ameixa xigante de catro quilos revoluciona Campelo: "Pensei que era unha tartaruga"
Por Natalia Puga
Un mergullador atopou este exemplar o mércores entre a illa de Tambo e Raxó, levouna á lonxa de Campelo e permaneceu un día no acuario. Este xoves volveu ao mar. Non se poden comercializar, pero fixeron unha excepción porque "chamoulles a atención e trouxérona para que o biólogo de Campelo a vise"