O arxentino Julio César Porras, vencedor do ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo
Por Redacción
O ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo xa ten vencedor tras a final individual disputada este domingo nas pistas do Círculo Cultural Deportivo (CCD Sanxenxo).
Trátase do arxentino Julio César Porras, que superou no partido decisivo o chileno Diego Fernández Flores.
Porras, que compite pola Cultural de Sanxenxo, gañou de maneira clara en dúas mangas por 6-2 e 6-1 en 75 minutos de xogo.
"Foi unha semana moi intensa, bonita e moi especial para min, que estou a xogar na casa. A verdade é que é moi emotivo gañar no club que represento. Xoguei a final cun adversario moi duro que é Diego, co que teño unha gran amizade e iso tamén se notou especialmente no xogo porque entre nós non ía haber ningún problema", sinalou o vencedor do torneo.
Desde o CCD Sanxenxo pola súa banda valoran positivamente a incursión en torneos profesionais e como foi a semana de competición. "É un paso máis que había que dar. Despois de tantos anos organizando torneos para a base había que dar o salto cara ás competicións profesionais, e este é un deles", dicía Paco Hernández, presidente da entidade.
Relacionadas:
-
Frenético arranque de competición no ITF M15 de Sanxenxo
Por Redacción |
-
As promesas do tenis mundial aterran en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Empeza a tempada de torneos de tenis no CCD Sanxenxo
Por Redacción |
-
O CCD Sanxenxo, premiado como o mellor club de tenis con proxección internacional
Por Redacción |