Empeza a tempada de torneos de tenis no CCD Sanxenxo
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo albergou, desde o pasado 2 de febreiro ata este domingo 18, o Campionato Galego de Tenis infantil.
A cita supoñía o inicio dunha apaixonante tempada de eventos tenísticos no club, un calendario que "reforza a súa presenza e apoio ás categorías inferiores coa celebración destes torneos, que son só o arranque dunha trepidante tempada e na que xa asoma o próximo torneo ITF M15 Masculino no mes de abril", sinalou o presidente do CCD Sanxenxo, Francisco Hernández.
No que respecta a a competición autonómica proclamáronse campións Ana Victoria Mella, do Club de Tenis da Coruña, e Mateo Valares, do Fluvial de Lugo, conseguindo ambos os xogadores ademais facerse co título en dobres acompañados respectivamente por Máire Grace (subcampioa galega individual) e por Pablo Somoza.
Aproveitando o Campionato Galego, o Círculo Cultural organizou tamén a primeira proba do Head Tour en categoría benxamín.
Relacionadas:
-
O arxentino Julio César Porras, vencedor do ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Frenético arranque de competición no ITF M15 de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O CCD Sanxenxo, premiado como o mellor club de tenis con proxección internacional
Por Redacción |
-
Xapón e Portugal triunfan en Sanxenxo no Torneo Internacional Cadete de Tenis
Por Redacción |
-
O CCD Sanxenxo, orgulloso tras a edición "máis difícil" do seu Torneo Internacional Júnior
Por Diego Espiño |