O CCD Sanxenxo, premiado como o mellor club de tenis con proxección internacional
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo foi premiado pola Federación Galega de Tenis como 'Mellor club con proxección internacional'.
Ourense foi a localidade elixida pola Federación para celebrar a súa tradicional gala, que este ano se converteu nunha cita máis que especial para o club de Sanxenxo.
Este recoñecemento chega porque a entidade vén celebrando durante estes últimos anos eventos deportivos de gran transcendencia internacional, como son o Futures 25.000$, un M25 que convocaba por primeira vez este 2023 entrando, desta maneira, nos circuítos profesionais do mundo do tenis; o 4º Torneo Internacional Masters Tour, prólogo do evento estrela que foi o 21º ITF World Tennis Tour Junior Sanxenxo, un J300 dos que só se disputan dous en España; e o 15º Torneo Internacional Cadete, ilustración deportiva dos fututos talentos mundiais.
A Cultural tamén recolleu o premio á entidade con mellores equipos tras os resultados das súas xogadoras e xogadores, recoñecidos como os mellores da comunidade galega polo seu traballo individual.
"Sentimos moi orgullosos deste premio, é un recoñecemento colectivo", manifestou Paco Hernández, o seu presidente en referencia aos éxitos dos seus deportistas e ao equipo de organización e traballadores do club.
Hernández recolleu o galardón de mans de Armando Ojea, tenente de alcalde de Ourense, e Pepe Mosquera, presidente da Federación Galega de Tenis.
Relacionadas:
-
O arxentino Julio César Porras, vencedor do ITF World Tennis Tour M15 de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Frenético arranque de competición no ITF M15 de Sanxenxo
Por Redacción |
-
As promesas do tenis mundial aterran en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Empeza a tempada de torneos de tenis no CCD Sanxenxo
Por Redacción |
-
Xapón e Portugal triunfan en Sanxenxo no Torneo Internacional Cadete de Tenis
Por Redacción |
-
O CCD Sanxenxo, orgulloso tras a edición "máis difícil" do seu Torneo Internacional Júnior
Por Diego Espiño |