Telmo Martín destaca a importancia das dez obras que está agora en marcha de saneamento e abastecemento de auga
Por Redacción
As obras de saneamento e abastecemento de auga, así como de depuración, todas incluídas no marco do convenio con Acuaes, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, e o contrato da concesionaria Espiña e Delfín mantén activas nestes momentos un total de dez obras en Sanxenxo.
"O resultado destas obras suporán un antes e un despois no noso municipio cun orzamento total que ronda os 36 millóns de euros", explicou o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín este venres durante a súa visita á obra de Areas.
Os traballos de Acuaes avanzan a bo ritmo coa construción de novos bombeos na Granxa e Areas, as tarefas previas á colocación do emisario submarino de Montalvo, as demolicións na depuradora de Paxariñas.
Mentres Espiña e Delfín, avanza coas obras de saneamento e abastecemento en Adina, Vilalonga, Noalla e a semana que vén darán comezo en Nantes.
O contrato con Espiña e Delfín contempla a ampliación da rede de saneamento e auga, con 59 actuacións para dotar destes servizos ás 726 vivendas do rural que carecen de saneamento ou auga; unha segunda que contempla a renovación da rede principal existente con 14 actuacións para substituír tramos vellos e ampliar a capacidade das tubaxes; e unha terceira, con novas infraestruturas de abastecemento de auga con sete actuacións entre as que destaca a construción dun novo depósito de auga. O calendario contempla 59 actuacións no primeiro ano.
Respecto ao convenio asinado con Acuaes, en Sanxenxo executarase a ampliación da EDAR coa incorporación dun novo pretratamiento con catro liñas de tamizado e desareado-desengraxado, un tratamento biolóxico e decantación secundaria con 4 liñas e un sistema de desinfección da auga tratada mediante ultravioleta, ademais dunha nova liña de lodos mediante espesamiento e deshidratación.
Construiranse novas estacións de bombeo e impulsión en Raxó e Areas, e procederase á remodelación das de Sanxenxo e Espiñeiro. Tamén se ampliarán diferentes tramos da rede de colectores e impulsións que permitirán conectar estes bombeos coa nova EDAR.
Ademais, executaranse as obras dun novo emisario submarino en Montalvo, de 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro, que substituirá ao existente. Por último, procederase á remodelación do colector da Avenida de Madrid, en Sanxenxo, e á adecuación da estación de bombeo e impulsión de Laño, en Poio.
Relacionadas:
-
Espina y Delfín avanza coas primeiras oito obras previstas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo convoca o concurso escolar de debuxo "A mascota da auga"
Por Redacción |
-
Luz verde ao orzamento municipal de Sanxenxo para 2024
Por Oskar Viéitez |
-
O campo de fútbol de Dorrón e o pavillón de Vilalonga chegarán renovados á primavera
Por Redacción |
-
Encargada a redacción para drenar as estradas PO-550 e PO-504 en Meaño e Sanxenxo
Por Redacción |