Antía Chamosa finaliza 29 no Mundial de 20 quilómetros marcha: "Xa era un premio estar aquí"
Por Redacción
Non foi o día de Antía Chamosa no Campionato do Mundo de 20 quilómetros marcha celebrado en Budapest, finalizando no posto 29 cun crono de 1h34:20. A medalla de ouro foi para a española María Pérez cun tempo de 1h26:51.
Era o debut da pontevedresa nun Mundial, pero a humidade e o sol condicionou a súa carreira ademais da acumulación de dúas faltas.
"Fíxose duro", admitiu a marchadora a RTVE. "Como o ano pasado non me atopei ben, pero non podo facer nada, o corpo non me respondeu", lamentou.
A pesar diso, Chamosa vaise contenta porque era o seu primeiro mundial e "xa era un premio estar aquí".
Agora, a pontevedresa vaise de vacacións "contenta e moi feliz pola marcha española" e o resultado da súa compañeira María Pérez, que chegou a meta en solitario e deulle a España o metal dourado.
O podio completárono a australiana Jemina Montag, segunda, e a italiana Antonella Palmisano, campioa olímpica en Tokio 2020
Relacionadas:
-
Antía Chamosa, preseleccionada para o Mundial de Marcha por Equipos pero sen praza na remuda mixta
Por Diego Espiño |
-
Terceiro posto para Antía Chamosa en Valencia no test da remuda mixta de marcha para París 2024
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, convocada ao criterium no que España probará a remuda mixta de marcha pensando en París 2024
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, quinta no Nacional de marcha e mínima para o Europeo de Roma
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa representará a España no 20 km marcha do mundial de Budapest
Por Manu Otero |
-
Antía Chamosa brilla no Nacional conseguindo a medalla de prata nos 10.000 metros marcha
Por Diego Espiño |
-
O equipo nacional de 20 quilómetros marcha, con Antía Chamosa, a tres puntos do bronce no Europeo de Podebrady
Por Redacción |