Antía Chamosa, preseleccionada para o Mundial de Marcha por Equipos pero sen praza na remuda mixta
Por Diego Espiño
A pesar do seu gran rendemento no criterium internacional organizado en Valencia, Antía Chamosa non pelexará por unha das prazas olímpicas da nova remuda mixta de marcha.
A atleta pontevedresa foi preseleccionada pola Real Federación Española de Atletismopara participar no Campionato do Mundo de Marcha por Equipos que se disputará o 21 de abril na cidade turca de Antalya, onde competirá na proba dos 20 quilómetros.
Antía rendeu a gran nivel na proba organizada polo equipo español para a nova modalidade de remudas, facendo parella con Miguel Ángel López. Con todo, a incorporación da bicampioa mundial María Pérez, ausente en Valencia, déixaa fóra das tres parellas que España presentará no Mundial de Antalya, que pon en xogo 22 das 25 prazas para asistir aos Xogos Olímpicos na remuda mixta (máximo dúas prazas por país).
A citada María Perez xunto a Cristina Montesinos e Laura García-Caro son as tres mulleres seleccionadas para a remuda, que completan como representación masculina Álvaro Martín, Miguel Ángel López e Alberto Amezcua.
No que respecta a Antía Chamosa competirá en Turquía nos 20 quilómetros, distancia na que foi quinta no último Campionato de España e na que acredita unha mellor marca de 1:31:24 que aspira a superar.
Foron preseleccionadas tamén por España para a mesma proba Raquel González, Paula Juárez, Lucía Redondo e Lida Sánchez-Puebla.
¡¡ EQUIPAZO!!#EspañaAtletismo rumbo a Antalya con su mejor potencial de marcha
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) March 27, 2024
marchadores (11 y 11 )
Liderados por los bicampeones mundiales @Alvaroatletismo y @garciaperezmari
Relevo Mixto (debuta en esta competición)
20 km marcha
10 km marcha Sub20
La Previa… pic.twitter.com/BCoi756XSH
Relacionadas:
-
Antía Chamosa, bronce mundialista por equipos nos 20 quilómetros marcha
Por Almu Dapena |
-
Terceiro posto para Antía Chamosa en Valencia no test da remuda mixta de marcha para París 2024
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, convocada ao criterium no que España probará a remuda mixta de marcha pensando en París 2024
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, quinta no Nacional de marcha e mínima para o Europeo de Roma
Por Almu Dapena |
-
Antía Chamosa finaliza 29 no Mundial de 20 quilómetros marcha: "Xa era un premio estar aquí"
Por Redacción |
-
Antía Chamosa brilla no Nacional conseguindo a medalla de prata nos 10.000 metros marcha
Por Diego Espiño |