O Poio Pescamar completa a remontada no último minuto (3-4)
Por Redacción
O Poio Pescamar non quere baixarse do tren que o levará a disputar o play-off polo título de liga despois de protagonizar unha auténtica remontada en casa do Atlético Torcal.
O conxunto conserveiro foi a remolque durante todo o encontro e foi nos últimos instantes da segunda metade cando logrou voltear o resultado para sumar outros tres puntos que o manteñen na cuarta praza da clasificación.
Tivo que sufrir o equipo adestrado por Luis López-Tulla diante das malagueñas, que chegaban á cita coa moral polas nubes tras conseguir catro triunfos no últimas catro xornadas.
E non tardou en adiantarse o cadro local. Cumpríronse cinco minutos de xogo e Eva González subiu polo á destra, Afri esperábaa soa no segundo pau e subiu o 1-0 ao marcador.
Buscou a reacción o Poio Pescamar e chegou cando o encontro entraba nos últimos minutos do primeiro tempo. Elena Aragón colleu un rexeite na área e fixo o empate co que se alcanzou o intermedio.
Despois do paso polos vestiarios o patrón repetiuse. África marcou de novo para as locais despois de coller un rexeite do poste, Saki devolveu as táboas tras unha transición e asistencia de Elena Aragón e Ceci converteuse na autora do 3-2 tras roubarlle o esférico a Elena no medio da cancha.
Con ese resultado e a falta de cinco minutos para a conclusión, o conxunto conserveiro pasou a xogar con Ale de Paz como porteira xogadora, pasando a monopolizar as accións de ataque que pronto se converteron en dous novos tantos.
Restaban dous minutos para o final e Ceci cometeu penalti sobre Ale de Paz. Laura Uña transformou os seis metros no 3-3 e, segundos despois, a cántabra roubou a carteira ao seu opoñente, cedeu a Irene e esta convertiuno no 3-4 co que concluíu un partido cheo de goles e emocións fortes.
Consulta a acta nesta ligazón