O Marín Futsal arranca un empate con garra (2-2)
Por Redacción
Despois da semana de descanso por motivos internacionais, o Marín Futsal regresou á competición para medirse ao FSF Castro noutra final pola permanencia en Primeira División.
O equipo marinense chegaba á cita coa moral polas nubes despois do triunfo ante o Alcorcón e demostraron que querían volver sumar pelexando cada balón e xerando moito perigo en área local.
E foi o Marín o primeiro en golpear aos cinco minutos de xogo tras unha boa transición de todo o equipo e a deixada de Café de costas que Carolina Bravo rematou ao interior da rede.
O Castro buscou a reacción e asediou a portería de Patri Arruti, que nada puido facer para evitar o gol rival cando se alcanzaba o ecuador do primeiro tempo. Xogada ensaiada na esquina entre Dany e Jeni e centro ao corazón da área onde apareceu Vero Abelleira para subir o 1-1 ao marcador.
O partido entrou nun continuo correcalles, pero foron as locais as que volveron anotar, aínda que con fortuna, para voltear o resultado. Luisa Mayara centrou desde o córner con moita potencia e o esférico deu en Gi Portes, que nada puido facer para evitar que o balón pegase no seu corpo e coásese na súa propia portería.
Tras o paso polos vestiarios as de Ramiro Díaz continuaron remando para conseguir algún beneficio da súa visita ao Castro e foi despois dunha longa posición cando chegou de novo o empate. Débora deixou a Carolina Bravo dentro da área e a canaria bateu entre as pernas a Lucía Paz para facer o 2-2 co que concluíu o encontro.
Consulta o acata nesta ligazón