Cara a cara #468: Broken Peach estrean disco
Xov | 17:00 | 17:35
Desde 2009 defenden o nome de Broken Peach. Son todo un espectáculo por si mesmos; musical e visualmente. Dicir que fan covers non sería xusto para o grupo; ispen unha canción e vístena de Broken Peach, porque a súa esencia non é emular a, senón darlle a súa identidade a unha canción que antes xa popularizaron outros artistas. 'Welcome to brokenland' leva esperando para debutar desde 2019. Editado en formato dixital, é un dobre álbum porque se gravou en versión castelán e versión inglés. Saíu o 21 de abril. Este sábado 11 de maio ofrecen concerto de presentación no teatro do Colexio Salesianos de Vigo ás 20.30 horas.
Foto: Mónica Patxot